MULLER(ES)MULLER

LONGAMETRAXE DOCUMENTAL

María comezou a traballar de nena. Tamén Flora, que case non asistiu á escola. Eran outros tempos. Hoxe as súas netas admíranas polo moito que traballaron para sacar adiante as súas familias. Tratan de explicarlles como o feminismo transformou a sociedade, e que acepten unha nova forma de vivir, que as avoas non sempre comparten.

Mulleres de tres xeracións, de seis familias; con vidas moi diferentes. Fálannos dos seus desexos, as súas loitas e tamén das súas contradicións. 

Muller(es)Muller ofrécenos unha visión do papel que desempeñan as mulleres na sociedade actual, dos obstáculos que se atopan e dos esforzos que realizan para definir a súa propia identidade día a dia.

Créditos

Dirixida por Inés Pintor

Producida por Domingo D Docampo

Unha produción de Socialdocs

Proxecto realizado en colaboración co Instituto de la Mujer

Compartir